30 universitarios iberoamericanos percorrerán o Camiño mentres desenvolven un proxecto emprendedor

The Spin Way, da Red Emprendia, combina o emprendemento cos valores tradicionais do Camiño de Santiago

Fernando Borjas
22/09/2016 00:12
The Spin Way

The Spin Way

Entre o próximo 25 e 28 de setembro, 30 mozos universitarios seleccionados procedentes de todo Iberoamérica percorrerán as últimas etapas do Camiño de Santiago mentres desenvolven de forma conxunta, en equipo, ideas de negocio. Camiñarán os últimos 100 quilómetros en equipos de tres e enfrontaranse a dous retos adicionais ao termo de cada etapa: desenvolver modelos de negocio para desafíos expostos pola organización -en colaboración con empresas colaboradoras como PayPal- e colaborarán na elaboración dun manifesto. 

Tanto as actividades como o percorrido das últimas etapas do Camiño de Santigo englóbanse dentro do programa The Spin Way, impulsado pola Red Emprendia, que á súa vez é o pistoletazo de saída a Spin2016. Trátase dun encontro entre máis de 70 profesionais do ámbito da universidade, o deporte, a empresa, a cultura e a ciencia que pretende combinar os valores e tradición do Camiño de Santiago co emprendemento universitario para impulsar o talento dos máis novos.

Spin 2016 celebrarase do 29 de setembro ao 1 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela, lugar onde os estudantes presentarán o proxecto emprendedor ao que darán forma no Camiño de Santiago.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
ArnauRG
ArnauRG 22/09/16 22:47:56
00
Esto es básicamente lo que llamaríamos "matar dos pájaros de un tiro".
Les deseo mucha suerte.
0 0
Pedro Gómez
Pedro Gómez 22/09/16 09:21:08
00
Es una buena iniciativa. Suerte a estos caminantes.
0 0
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom