A Jacetania inviste na conservación ambiental do Camiño de Santiago

A comarca aragonesa obtén unha subvención para contratar a un equipo para a conservación e mantemento da Ruta Xacobea

Fernando Borjas
27/10/2016 21:51
Comarca de La Jacetania

Comarca de La Jacetania

O Camiño de Santiago e a conservación do medio ambiente son dous conceptor que sempre deberían ir da man, e afortunadamente parece que así o entenden algunhas das nosas autoridades, como as da Comarca da Jacetania, en Aragón, que grazas a unha subvención ademais van conseguir dar emprego a varios parados. Grazas a unha dotación do programa SEPE-Corporacións Locais conseguida pola Oficina de Emprego e Desenvolvemento desta comarca vai poñer en marcha un proxecto para accións puntuais de conservación e mantemento do trazado do Camiño de Santiago que transcorre por esta rexión.

A Comarca aproveitou a subvención de máis de 14.000 euros para contratar a tres especialistas actualmente parados para traballos forestais que se enfocarán en facilitar o Camiño aos peregrinos que transiten a zona e facelo máis seguro. Os peóns encargaranse de ata cinco intervencións de mantemento e mellora das zonas polas que discorre o Camiño e que quedaron danadas, como o dunha pasarela sobre unha canle, que debido á acumulación de restos vexetais produce que a auga pase a canle, facéndoo intransitable para os peregrinos. As intervencións decidíronse en coordinación co Servizo Provincial de Huesca, Sección Cultura e Patrimonio do Gobierno de Aragón

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom