A rede de Paradores lanza unha oferta para peregrinos do Camiño este outono

Presentando a nosa credencial de peregrinos ou a Compostela poderemos ter acceso a ofertas en aloxamento e restauración

Fernando Borjas
14/09/2016 14:02
Jardines del parador de Santiago

Jardines del parador de Santiago

Deixando o verán atrás e coa suavización das temperaturas achégase o outono e con el una das mellores épocas do ano para lanzarse a facer o Camiño de Santiago. As vantaxes? Dicir adios ás longas xornadas de camiño baixo o sol abrasador, pero sen aínda ter que soportar baixas temperaturas, ao que hai que sumar unha menor afluencia de peregrinos, que como sabedes en xullo e agosto abarrotan o Camiño Francés. Poder elixir cando facer o Camiño é de privilexiados, así que se non es un dos centos de miles que temos que conformarnos con facelo no verán -cando dispoñemos de máis tempo libre- seguro que che atrae moito facelo no outono.

Para aproveitar estes meses agradables de outono, a rede de Paradores propúxose promocionar a súa oferta de restauración e aloxamento relacionada co Camiño de Santiago e para iso ofrece a Tarifa Peregrino 2016 nunha trintena dos seus establecementos do norte da Península e cuxa lista tedes máis abaixo. Os peregrinos poderémonos beneficiar dun menú a prezo especial (de entre 15 a 18 euros) mostrando a nosa Credencial Oficial do Peregrino conformada ou a Compostela, ademais de ter acceso a un desconto no caso de que queiramos darnos un capricho e aloxarnos nun dos paradores.

Se tes pensado facer o Camiño no outono e anímasche a comer nun dos 30 paradores da promoción, esperamos que nos contes que tal estivo todo.

Paradores con Tarifa Peregrino 2016

Paradores con Tarifa Peregrino 2016

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom