A venda ambulante no Camiño de Santiago prohibirase

Con esta nova normativa da Xunta de Galicia permitirase unicamente a venda ambulante en eventos autorizados, como feiras ou eventos públicos

Fernando Borjas
23/10/2017 14:40
Camino de Santiago

Camino de Santiago

A venda ambulante ten os días contados no conxunto do Camiño de Santiago, fóra dos tramos urbanos; esta é a nova normativa que o goberno galego impulsará a través da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, tamén coñecida como lei de acompañamento do proxecto de orzamentos da Xunta para 2018. A Xunta dispuxo esta nova regulación, segundo comenta "por razóns de protección do patrimonio cultural" no ámbito do Camiño de Santiago.

O texto da nova normativa con todo, toma como excepción a venda ambulante no ámbito de eventos autorizados, como mercados, feiras, festas ou acontecementos populares. Todo apunta que esta norma chega para controlar a masificación de vendedores deste tipo en rutas tan elixidas polos peregrinos como o Camiño Francés, respondendo así á preocupación de varios consistorios galegos (algúns concellos xa regularan a venda ambulante con anterioridade, prohibíndoa).

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom