Coñeces o novo hábito que os peregrinos realizan ao chegar á Catedral de Santiago?

Este novo costume, que probablemente termine converténdose en "tradición", está relacionada coa placa que recoñece o Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo

Fabio
03/06/2016 14:00
Placa na Praza do Obradoiro - XOÁN A. SOLER

Placa na Praza do Obradoiro - XOÁN A. SOLER

Ademáis de pola súa historia e a súa riqueza cultural, ao Camiño de Santiago e aos monumentos que o "adornan", coñéceselle pola gran cantidade de tradicións xurdidas nesta peregrinación. Algúns lugares teñen tradicións centenarias, como os cabezazos no "Santo dos Croques" (Mestre Mateo) ou a introducción dos dedos no Pórtico da Gloria. Outras costumes son máis modernas, como a xurdida hai pouco na Praza do Obradoiro.

Esta nova costume, que probablemente termine convirtiéndose co paso dos anos en "tradición", está relacionada coa placa que recoñece o Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo, e que está situada na Praza do Obradoiro, fronte á Catedral. Os peregrinos que chegan á cidade galega, e os turistas que visitan a Catedral, non dubidan en esperar a súa quenda para fotografarse coa placa, habitualmente agachados xunto a ela e poñendo a súa man sobre a cuncha esculpida na pedra. Outros prefiren tocar o símbolo dos peregrinos co pé.

Sobre a orixe deste costume, ninguén sabe de certo cómo se orixinou. Parece que moitos turistas e peregrinos realízano por imitación, porque previamente alguén o fixo enfronte deles.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom