Consellos de seguridade do goberno vasco para realizar o Camiño de Santiago

Hai que "previr accidentes e sucesos", explican os responsables do goberno vasco ao presentar os folletos explicativos

Fabio
13/05/2016 14:00
Camiño de Santiago en Euskadi

Camiño de Santiago en Euskadi

Non tería por que ser unha actividade perigosa, pero extremar as precaucións sempre é bo, tanto ao realizar o Camiño de Santiago como en calquera outro destino turístico onde, en ocasións, nos acompañe a soidade se non viaxamos en grupo. Por iso, o goberno vasco editadou recentemente uns folletos con consellos sobre seguridade para todos aqueles peregrinos que atravesen Euskadi este próximo verán.

Nunha recente rolda de prensa a conselleira vasca de Seguridade, Estefanía Beltrán de Heredia, e o viceconselleiro de Seguridade, Josu Zubiaga, presentaron os dous folletos informativos, co obxectivo de que os viaxeiros extremen as precaucións. Lembremos que a comunidade autónomo é atravesada por dúas rutas do camiño, o camiño da costa e o camiño interior.

Hai que "previr accidentes e sucesos", explican os responsables do goberno vasco, e lembran que en caso de urxencias durante o Camiño, deben poñerse inmediatamente en contacto co teléfono de emerxencias 112, que funciona as 24 horas. Ademáis dos consellos prácticos sobre cómo realizar o Camiño, destacan as "medidas básicas de autoprotección". Os folletos estarán dispoñibles en castelán, euskera, inglés e francés, e serán distribuídos nos albergues de Euskadi.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom