Polémica polas sabas de tea nos albergues do Camiño

Os profesionais do sector están en contra da medida por varias razóns, como as súas implicacións antihigiénicas

Fernando Borjas
30/12/2016 11:59
ViveCamino.com

ViveCamino.com

O pasado 24 de maio entrou en vigor o decreto da Xunta 48/2016 do 21 de abril para a regulación entre outras cousas dos albergues do Camiño de Santiago. Unha de tantas regulacións do decreto inclúe unha especificación sobre as características que deben ter as habitacións e sobre a roupa de cama que debe estar dispoñible para cada peregrino; o decreto esixe que cada cama ou liteira teña un xogo de sabas de tea, unha almofada e unha manta ou edredón, ademais dunha toalla, no momento no que se ocupe. A Axencia de Turismo de Galicia está a enviar estes días unha carta a estes establecementos para lembrarlles o obrigado cumprimento destas novas normas.

A nova regulación suscitou gran polémica entre os profesionais do sector, pois consideran que non se axusta ás particularidades e ao funcionamento diario dos albergues de peregrinos do Camiño de Santiago, onde os peregrinos non adoitan pasar máis dunha noite. O problema atópase na obrigación de poñer sabas de tea en lugar das sabas desechables que adoitan usar este tipo de establecementos; os albergues de primeira categoría (3 estrelas) teñen que cambiar as sabas cada tres días e os de segunda categoría (1 e 2 estrelas) téñeno que facer cada catro.

Os profesionais quéixanse de que con esta regulación veríanse obrigados a subir os prezos e de que non se axusta á realidade, pois produciría que os peregrinos se atopen con sabas usadas e acabasen simplemente coa manta ou edredón. Advirten así mesmo que se produce unha situación de desigualdade cos establecementos da rede pública de albergues da Xunta, que están exentos de cumprir este decreto. 

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom