El Camino de Santiago supera en octubre la cifra de peregrinos de 2015

Fernando Borjas
23/10/2016 12:22
2016 ya supera al año pasado en número de peregrinos totales

2016 ya supera al año pasado en número de peregrinos totales

2016 está a ser un ano de popularidade masiva para o Camiño de Santiago, un ano no que se están batendo todos os récords establecidos ata a data. O último deles é o alcanzado este venres 22 de outubro en Santiago de Compostela, onde se selou na Oficina do Peregrino a compostela nº 262.913 de 2016, logrando superar a cifra de peregrinos do ano pasado a máis de dous meses para que finalice o ano. 

Segundo os datos oficiais, o número de peregrinos que chegan estes días a Santiago establécese nunha media de 888, polo que a este ritmo espérase que no próximo mes de novembro póidase superar o récord absoluto de visitantes establecido no Ano Santo 2010, con 272.412 compostelas. Por tanto, 2016 converterase con toda seguridade nas próximas semanas no ano máis exitoso do Camiño de Santiago, ademais sen tratarse de Ano Santo, que non chegará ata o 2021.

A subida nas cifras respecto ao mesmo período de 2015 (do 1 de xaneiro ao 22 de outubro) establécese nun 5,22%, con máis de 13.000 peregrinos de diferenza. Dos 262.913 peregrinos que selaron o seu compostela, o 45,13% (118.664 persoas) son de procedencia española, mentres que o 54,87% (144.249) son estranxeiros.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom