O IX Circuíto de golf Cenor, todo un éxito de participación

A nova edición do torneo de golf, esta vez situado fóra de terras galegas, congregou ata un total de 160 xogadores.

Fran Pineda
03/05/2016 13:00
Premiados IX Circuito de golf Cenor - Camino de Santigo

Premiados IX Circuito de golf Cenor - Camino de Santigo

Se che apaixona o golf, e o Camiño de Santiago está na túa lista de tarefas pendentes para este ano, podes compaxinar ambas tarefas sen problema algún grazas á IX Edición do Circuíto de Golf.

A primeira das probas, e que tivo lugar o pasado fin de semana no Real Novo Club de Golf de Basozabal de San Sebastián, congregou a nada máis e nada menos que 160 participantes amateurs, dos cales 99 superaban os 50 anos.

Entre os gañadores, Marta Vázquez e Joseba Ubarretxena - con 68 puntos - xunto a Enrique Marcello e Mariña Petrirena - logrando 76 puntos - obtiveron o seu pase para a gran final que terá lugar o próximo 17 de setembro no RAC de Santiago. Pola súa banda, Ana Vilar e Jesús Ruiz alzáronse co Premio Turismo de Galicia á Mellor Parella Senior.

A seguinte das probas celebrarse o próximo 7 de maio en A Toja. Circuíto que do mesmo xeito que o estreado fóra de terras galegas fai uns días, espera seguir sumando participantes.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom