O grupo, composto por unhas 80 persoas de 14 países diferentes, decidiu realizar un tramo de 50 quilómetros do Camiño de Santiago para dar a coñecer a súa rara enfermidade.
Durante o día de onte un grupo moi especial de peregrinos chegou á Praza do Obradoiro tras percorrer un tramo do Camiño de Santiago. Tratábase dun grupo de peregrinos afectados polo Angioedema hereditario, unha enfermidade considerada rara, caracterizada por tumefaccions recorrentes da pel, as mucosas e os órganos internos.
O grupo, composto por unhas 80 persoas de 14 países diferentes, entre os que se atopaban afectados pola enfermidade, familiares e coidadores, decideu realizar un tramo de 50 kilómetros do Camiño de Santiago para dar a coñecer a súa rara enfermidade. O obxectivo é concienciar ás persoas e ás autoridades políticas pertinentes, tratando de liquidar barreiras para os pacientes e que as investigacións permitan detectar un diagnóstico precoz.
Á súa chegada á Praza do Obradoiro esperáballes o médico Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de sanidade da Xunta de Galicia.
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649