Entrégase a compostela aos primeiros peregrinos que parten desde A Coruña

A oficina do peregrino outorga o certificado por primeira vez a dous veciños da cidade coruñesa á súa chegada a Santiago

Fernando Borjas
27/03/2017 12:12
Primeros peregrinos en obtener la compostela desde A Coruña | La Voz de Galicia

Primeros peregrinos en obtener la compostela desde A Coruña | La Voz de Galicia

O pasado mes de decembro contabámosvos que o Cabildo da Catedral de Santiago decidira empezar a conceder tamén a compostela a todos os peregrinos que percorran o Camiño desde A Coruña a través do Camiño Inglés. Ata ese momento era unha empresa imposible obtela, debido ao requisito de percorrer polo menos 100 quilómetros ata Santiago de Compostela. Imposible, como dicimos ata o pasado mes de decembro. 

Precisamente este sábado a Oficina do Peregrino ha expededir as dúas primeiras compostelas a dous peregrinos, que comezaron o seu percorrido na igrexa románica de Santiago na Coruña. Os veciños coruñeses Montse Bouzas e Manuel Pazos víronse sorprendidos cando ao chegar á Catedral de Santiago obtiveron o documento, despois de percorrer 90 quilómetros en catro etapas. Os dous peregrinos seguiron o trazado oficial do Camiño Inglés publicado pola Xunta en 2014.

Non só os peregrinos que partan desde A Coruña poderán solicitar a compostela. Aínda sen cubrir os 100 quilómetros establecidos como mínimo, os peregrinos que arriben ao porto da Coruña tamén poderán obter o documento tan só certificando facer parte do Camiño nas súas rexións de orixe. Esta decisión sen dúbida dá un empuxón ao xa de seu atractivo Camiño Inglés, que tamén se pode comezar desde Ferrol. 

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom