Reportaxe

Está o Camiño de Santiago masificado?

Máis de 200.000 peregrinos marcan un novo ano de récord no Camiño de Santiago pero, ata que punto é sustentable este modelo?

Dos peregrinas en el Camino de Santiago

Dos peregrinas en el Camino de Santiago

Como algúns xa sabedes, o pasado 1 de setembro chegou á catedral de Santiago de Compostela a peregrina nº 200.000 deste 2016, unha cifra que se alcanzou moito antes que outros anos. Galicia este ano tamén se apuntou récord de turistas; praias de máxima calidade, gastronomía de altos voos, gran patrimomio cultural e natural, temperaturas agradables e como non, a galiña dos ovos de ouro, o Camiño de Santiago, deixaron un verán de números que non se lembran. Estaba toda España veraneando en Galicia este ano?

Con todo, a atracción e popularidade que está a lograr o Camiño de Santiago nos últimos anos está masificando algunhas rutas, como o Camiño Francés, que nos meses de xullo e agosto congrega a moitos miles de peregrinos, polo que xorden problemas para atopar prazas de aloxamento, entre outras cousas. Non o dicimos nós, é simplemente unha realidade que nos trasladades día a día en redes sociais tanto os veteranos que levades percorrendo o Camiño durante anos, como os que vos lanzades por primeira vez. 

Moitos peregrinos comentástesnos que como a maior afluencia de peregrinos está no Camiño Francés, é tan fácil como escoller outras rutas como o Camiño do Norte, o Primitivo ou o Portugués se o que estás a buscar é a "experiencia orixinal" dos antigos peregrinos e non che gustan as aglomeracións. Con todo outros moitos expresástesnos o voso descontento de que as autoridades non aposten por un turismo sustentable o a ruta xacobea e "celebren" cada ano os datos de récord.

Creedes que Camiño de Santiago estase masificando? Estraga a experiencia atoparse cada vez con máis peregrinos camiñando nos meses de verán? Queremos coñecer a vosa opinión de primeira man e que nos contedes as vosas experiencias, sobre todo se fixestes o Camiño este verán en tempada alta. 

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom