Estudantes de Podoloxía, Terapia Ocupacional e Fisioterapia atenderán aos peregrinos en Ponferrada

Os estudantes da Universidade Miguel Hernández (UMH), atenderán a quen o necesite nalgúns dos albergues da localidade

Fabio
03/06/2016 13:00
Firma do acordo

Firma do acordo

Ponferrada convértese na terceira cidade de León en asinar un convenio coa Universidade Miguel Hernández (UMH) para que estudantes do centro formativo, situado en Elche, axuden coas tarefas de atender aos miles de peregrinos do Camiño de Santiago que se esperan que pasen pola localidade este mesmo verán. Os estudantes de Podoloxía, Terapia Ocupacional e Fisioterapia, atenderán a quen o necesite nalgúns dos albergues da localidade. Previamente xa habían asinado o convenio Astorga e Villadangos del Páramo.

Este acordo fíxose oficial recentemente coas firmas da vicerreitora de Relacións Institucionais da UMH, María Teresa Pérez Vázquez, e a alcaldesa de Ponferrada, Gloria Fernández Merayo. Grazas a esta colaboración, moi beneficiosa para os peregrinos, os propios alumnos poderán desenvolver proxectos de investigación e traballos de fin de grao. A UMH encargarase de seleccionar aos estudantes, asumir o transporte dos mesmos e pagar o 50% da sua manutención, ademáis de achegar os profesores que supervisen o traballo dos estudantes e o material sanitario necesario.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom