Falece en Valença do Miño un peregrino finlandés atropelado mentres cruzaba a calzada

Presuntamente o peregrino finlandés cruzou a calzada co semáforo en vermello, polo que todo apunta a un descoido da vítima

Fabio
29/04/2016 00:41 '
Localidade de Valença do Miño

Localidade de Valença do Miño

A traxedia volveuse a asociar co Camiño. Durante o día de onte, mercores 27 de abril, un peregrino finlandés que facía o Camiño Portugués faleceu tras ser atropelado na localidade fronteriza de Valença do Miño.

O home, de 73 anos de idade, foi arroiado por un vehículo ás 16:20 horas da tarde de onte nun paso de peóns. Pese ao lugar no que sucederon os feitos, presuntamente o peregrino finlandés cruzou a calzada co semáforo en vermello, polo que todo apunta a un descoido da víctima.

"A traxedia debeuse a un presunto descoido da víctima, que cruzou a vía co semáforo en vermello para os peóns mentres os seus compañeiros quedaban na beirarrúa", explicou o alcalde Jorge Salgueiro Montes.

Tras o sinistro foi trasladado ao hospital de Braga, onde faleceu de madrugada. Xunto ao mesmo grupo de peregrinos viaxaba outro home que, actualmente, está no hospital coas pernas rotas por mor dun atropelo sucedido tres días antes do fatal desenlace rexistrado no día de onte.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, manter a sesión e personalizar a experiencia do usuario, así como para obter estatísticas anónimas de uso da web. Se continua navegando consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información aquí