Reportaxe

A Picariña, a pedra dos namorados

Viaxamos nunha ocasión máis a Pontevedra, máis concretamente ata Ponteareas para coñecer unha historia que se afasta da vertente de misterio e en ocasións fenómenos paranormales de anteriores textos para esta vez abordar unha trama que ten a dous mozos namorados por protagonistas, dotando así ao municipio dunha das lendas máis emocionantes que veremos en Galicia.

Dous xóvenes namorados

A Picariña, ou pedra dos namorados como se lle coñece comúnmente na zona, alberga detráis unha historia que non deixará indiferente a naide, conservando moitos dos estereotipos que vemos neste estilo de relatos. Según conta a lenda, dous xóvenes que respondían ao nome de Tristán e Aldina debían manter o seu profundo amor en segredo, ¿o motivo? A familia da moza non aceptaba para nada tal relación debido ás tensións e disputas por varias terras que Alvaro - pai de Aldina - desexaba e atopábanse en posesión de Tristán.

La Piedra de los Enamorados

La Piedra de los Enamorados

Álvaro loitou xunto os Reis Católicos en Granada. Ao volver da guerra, éste quixo ver á súa filla, a cuál nos últimos días había atopado nos paseos dacabalo unha distracción, co principal motivo de pasar xunto ao castelo de Sobroso, fortaleza na que vivía o seu amado. O pai da xove, ao non atopar á súa filla no seu castelo, mandou un paxe para que a buscase. Éste non tardou en dar con ela e informar a Álvaro de que Aldina había sido vista en compañía de Tristán. Se antes o xoven cabaleiro habiase gañado o odio de Don Álvaro, agora a historia iríá moito peor.

Unha tarde, Don Álvaro acudeu á pedra de abalar, punto de encontro para os xóvenes. Alí puido comprobar cos seus propios ollos como Tristán esperaba á súa amada. Seríá a última vez. Álvaro atravesou o peito do mozo coa súa espada, ocultando o cadáver entre a maleza.

Aquí comezaría o calvario de Aldina. A preocupación inicial de que Tristán faltase á súa cita pronto se convirteu en prantos, queixumes e todo tipo de pensamentos negativos. ¿Por qué o mozo non quería acudir á pedra dónde se habían xurado amor eterno? ¿Habríalle pasado algo?

La Picariña

La Picariña

Por pura intuición, Aldina sinteu a chamada de acudir á pedra, necesitaba ir ao lugar no que se vía con Tristán. Tras esperar uns minutos, apareceu un cabaleiro negro montado dacabalo. “Tristán, ¡ao fin viñeches!”, dixo a xoven. Con todo, o terror chegou a cara de Aldina despóis de que o cabaleiro se retirase o seu casco. As campás alagaron o aire. “Aldina, amor meu. Esas campás anuncian o meu enterro. O noso amor foi truncado pola morte”. Tan pronto o espectro de Tristán pronunciou estas palabras, montou no seu cabalo e desapareceu.

Aldina reclueuse no castelo do seu pai. Pasaban os días e a moza non vía consolo algún. De súpeto, durante unha daquelas e tristes noites, todas as xanelas do castelo pecháronse ao unísono, abriéndose a porta que daba lugar á cerimonia do enterro.

Tristán e Aldina velan polo amor

A día de hoxe, e como decíamos líneas atráis, a pedra converteuse nun dos puntos máis coñecidos de Pontevedra. As parellas seguen acudindo ao famoso enclave co fin de que, tanto Aldina como Tristán, sexan capaces de garantir un bo devir nas súas relacións. Bastará con que se dean tres voltas, según di a lenda, ao redor do lugar para que a maxia faga o resto reportando solucións a problemas sentimentais, laborais e económicos e en definitiva, calquera tipo de fochanca que no camiño poida separarnos da persoa á que amamos.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom