Reportaxe

A Santa Compaña: A lenda galega máis estendida

Descubrimos unha das historias máis arraigadas ás terras galegas, ademais de ser unha das que maior temor e respecto infunde no noso país

Durante séculos, e ainda a día de hoxe, a Santa Compaña converteuse nunha das lendas máis estendidas de Galicia. Avivando terrores de nenos e por suposto de camiñantes e pastores durante a noite, a tamén coñecida como Procesión de Ánimas debatese entre o mito e a realidade.

Antes de meternos en faena e comentar algúns dos puntos crave que parecen ser lugares neurálxicos para a sua aparición, poñámonos en situación. ¿Qué é a Santa Compaña? Propia de Asturias e, por suposto, Galicia, a lenda consta da aparición dunha fila de encapuchados fantasmales cuxa función non é outra que a de visitar ou poñer en aviso unha futura defunción.

Santa Compaña

Santa Compaña

Coñecida tamén como Huespeda, Estadea, Compaña ou Genti de Muerti, a Santa Compaña, o seu orixe está arraigado ás lendas europeas pertencentes a Idade Media. Nelas menciónase a aparición dun grupo de mortos ou almas perdidas ataviadas con roupaxes de explorador, a lombos de cabalos e acompañados por cans rastreadores. Do mesmo xeito que a Procesión de Almas, o seu acto de presenza era senónimo de traxedias, tal e como indicaron varios autores ao longo dos séculos XI e XII nos seus escritos.

Lonxe de ser un desfile de ánimas, a Santa Compaña leva un significado, unha mensaxe que debe ser entendida por aqueles que, por desgraza, teñen a “fortuna” de cruzarse coa Procesión. Aínda que as persoas que foron testemuña da súa aparición abundan, a lenda  por todos coñecida destaca polo cómo e o qué, sendo éstas as principais características responsables de producir respecto ante a sóa idea de cruzarnos co desfile de espectros.

A Santa Compaña aparece encabezada por unha persoa viva, un mortal que nas súas mans leva desde unha cruz, pasando por un caldeiro con auga según algunhas testemuñas. Xunto a éste, séguenlle varios encapuchados nunha perfecta fila que queda acompañada por cánticos e rezos. Portando unha vela, así como unha pequeña campanilla, a Santa Compaña dará o pistoletazo de saída á súa marcha en plena noite, levantando ao seu paso unha densa néboa, vento e por suposto, cheiro a cera.

Seguramente agora estadesvos a preguntar, “e esa persoa elixida para dirixir á Procesión, quén é?”. Según explica a lenda, ademáis duns poucos elixidos que presenciaron o fenómeno, o mortal que encabeza a fileira de ánimas morría poucos días despóis -  debido a un repentino agravamento no seu estado de saúde - ou ben traspasaba a súa cruz á desafortunada testemuña que se cruzaba coa Santa Compaña, sendo éste o novo “xefe” da Estadea.

Santa Compaña

Santa Compaña

Tranquilos, que no caso de que vos crucedes coas ánimas nalgúns dos vosos periplos polo Camiño na noite, escapar dela ten solución. Desde realizar un círculo e introducirnos nel, pasando por tombarnos boca abaixo no chan, rezar e, o método máis fácil… saír correndo.

Entre os moitos lugares nos que podemos cruzarnos coa Santa Compaña en unha das sempre máxicas terras galegas, as Rías Baixas coruñesas son centro neurálxico para darnos de bruzos co descoñecido.

Por todos é sabido que Galicia é coñecida polas súas lendas, sempre a medio camiño entre a maxia e os contos; pero a Procesión de Ánimas gañouse con suor o ser non só posiblemente a historia que maior pasión - e respecto - infunda no noso país; senón tamén unha das que a máis oídos chegou fóra de España.

Atopámonos con todo tipo de historias ao longo e ancho de Galicia, pero é especialmente na zona mencionada líneas atrás, onde o fenómeno cobra maior importancia e protagonismo. Obviamente, o resto de enclaves da comunidade galega son sensibles tamén á aparición da Estadea, pero sen dúbida as Rías Baixas cultivan o maior número de avistamentos dos espectros.A todo iso hai que sumar dúas noites crave que incrementan as posibilidades de encontro: San Juan (23 ao 24 de xuño) e Todos Los Santos (31 de outubro ao 1 de novembro).

Asiduos ou non a o Camiño de Santiago, coñeceredes os chamadas Cruceiros; as famosas cruces que todo peregrino atopa durante a travesía. É este un dos elementos para ter en conta na lenda pois, a pesar de que fagades un círculo, recedes ou corrades como alma que leva o diaño… calquera encontro coa Santa Compaña debe concluír nun cruceiro. ¿O motivo? Un dos diferentes significados deste monumento pasa por protexer aos peregrinos que, por caprichos do destino, puxo á Procesión de Ánimas no seu camiño.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom