Novo selo sobre o Camiño de Santiago emitido por Correos

Esta medida da empresa pública permitirá difundir aínda máis a ruta xacobea por medio de cartas e postais enviadas a toda Europa

Fabio
27/04/2016 16:11
Imagen 2919

A Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, comúnmente coñecida como Correos, homenaxeou recentemente o Camiño de Santiago coa emisión dun novo modelos de selo. Correos emitiu un selo autoadhesivo de tarifa B (para envíos con destino a Europa) con temática relacionada ao Camiño de Santiago.

Esta medida da empresa pública permitirá difundir ainda máis a ruta xacobea por medio de cartas e postais enviadas a toda Europa. O selo mostra a estampa da fachada principal da Catedral de Santiago de Compostela, ademáis de algúns peregrinos chegando á Praza do Obradoiro. Por suposto, tamén hai espazo para a xa clásica vieira que simboliza o Camiño.

Non é a primeira vez que se emiten selos temáticos do Camiño de Santiago; os primeiros tres selos apareceron en 1937. "A peregrinación a pé a Santiago de Compostela é unha experiencia moi gratificante pero también un reto físico e mental. A través das numerosas rutas que levan a Santiago, durante séculos transitaron persoas de toda índole e condición", comentaba Correos na presentación deste selo.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom