O albergue de Xinzo de Limia segue pechado case un ano despois

Os peregrinos do Camiño teñen que desviarse a outras localidades como Sandiás e Vila de Rei para aloxarse

Fernando Borjas
18/08/2016 16:55
Xinzo de Limia

Xinzo de Limia

A situación do albergue de Xinzo de Limia, inaugurado en outubro de 2015 á vez que o Museo Galego do Entroido, segue paralizada. Dez meses despois, o albergue segue sen dar servizo aos peregrinos do Camiño do Sueste - Vía da Prata que pasan polo municipio ourensán transitando pola variante da Vía Nova. Precisamente na potenciación desta vía o novo albergue de Xinzo de Limia toma un papel fundamental, achegando unha infraestrutura pública moi demandada.

A paralización está directamente relacionada coa rescisión do contrato da Xunta de Galicia coa empresa encargada ata agora da explotación dos albergues da institución pública na ruta xacobea. A explotación do emprazamento para peregrinos está cedida por parte do consistorio do municipio á Xunta, pero ao non atoparse aínda unha empresa que xestione a rede de albergues pública (a convocatoria xa está aberta), a situación dilatouse indefinidamente e aínda non hai asignado persoal para que o aloxamento poida empezar a dar servizo.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom