O Camiño de Inverno despega en número de peregrinos: unha alternativa para ter en conta?

A recente oficialidade desta ruta xacobea ha impulsado o número de persoas que a percorren no seu camiño a Santiago de Compostela

Fernando Borjas
08/09/2016 18:22
Las Médulas

Las Médulas

O Camiño de Inverno aínda ten unha inmensa costa por diante ata poder alcanzar as cifras de peregrinos que moven algunhas rutas de maior popularidade, como o masivo Camiño Francés, o Camiño do Norte ou o Portugués. Pero tendo en conta que o Camiño de Inverno acaba de estrear oficialidade dentro das rutas recoñecidas para a Xunta de Galicia, as primeiras cifras recollidas durante este verán son esperanzadoras. 152 persoas selaron a súa compostela na Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago durante este verán e comunicaron que percorreran o Camiño de Inverno; uns datos que só se poden comparar aos de 2015, primeiro ano no que se empezaron a recompilar especificamente os datos de peregrinos que tomaron esta ruta.

Para coñecer a evolución que está a ter o Camiño de Inverno nos últimos anos hai que botar man dos lugares de partida que os viaxeiros indicaron na Oficina do Peregrino á súa chegada a Santiago, o que serve para saber doutra maneira cantos deles tomaron en parte esta ruta. Se comparamos cos datos de xullo e agosto de 2015, só 31 peregrinos afirmaron comezar en Chantada, Quiroga ou Monforte o seu camiño, mentres que este ano foron 86 peregrinos os que saíron desas mesmas localidades, o que evicencia un incremento notable de peregrinos elixindo o Camiño de Inverno como a súa ruta.

As razóns do auxe do Camiño de Inverno? Evidentemente a oficialidade estreada o pasado mes de agosto supuxo está a supoñer unha gran difusión desta ruta, que supón unha alternativa en Galicia ao trazado do Camiño Francés. Coa oficialidade da ruta espérase que o Camiño de Inverno floreza aínda máis, alcanzando polo menos un grao de igualdade fronte ás autoridades respecto das outras rutas recoñecidas. A ruta debe recibir pronto un plan de sinalización que estableza un trazado oficial, o que debería de animar aínda a máis peregrinos a aventurarse por esta alternativa ao francés; con todo aínda queda moito por facer en canto ao número de aloxamentos e servizos dispoñibles para os peregrinos.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom