O Camiño de Santiago, máis de 70.000 peregrinos en cinco meses

Os datos mensuais de afluencia no Camiño seguen á alza: máis de 35.000 romeus chegaron a Compostela no mes de maio

Fernando Borjas
02/06/2017 18:50
El Camino de Santiago, a por otro récord absoluto en 2017

El Camino de Santiago, a por otro récord absoluto en 2017

O Camiño de Santiago avanza en 2017 cara a outro récord histórico de peregrinos; se a afluencia de visitantes segue ao ritmo actual deste primeiros cinco meses, parece que a finais de ano romperá a barreira de 2016 de 278.041 persoas. Esta conclusión está avalada polos últimos datos da Oficina do Peregrino correspondentes ao pasado mes de maio, no que se rexistraron 35.345 peregrinos, máis da metade do total de 70.582 compostelas outorgadas en 2017. A cifra destes cinco meses supón un incremento do 12,2% respecto das 61.980 outorgadas durante o mesmo período de 2016, mentres que a subida do propio mes de maio supera o 7%.

Pese ao empuxe da pasada Semana Santa en abril, que alcanzou datos históricos repartindo máis de 10.000 compostelas, maio conseguiu superar nun 24% os datos do mes anterior. Dos peregrinos chegados a Santiago de Compostela en maio, máis dun 26% eran españois, mentres que o 73,78% restante chegaron de fóra do territorio nacional, sendo os máis numerosos os alemáns, seguidos de italianos e estadonunidenses. Os tres lugares de inicio do Camiño de Santiago máis frecuentes foron Sarria, con 7.859 peregrinos (22,24%); Saint-Jean-Pied-de-Port, con 5.200 (14,71%) e O Porto, con 3.708 (10,49%). 

Por último, as rutas do Camiño de Santiago máis elixidas foron o Camiño Francés (60,86%), o cada vez máis popular Camiño Portugués (20,23%) e o Camiño do Norte (4,78%). 

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
Sin avatar
Àlex 10/06/17 02:13:21
20
¡Increíbles cifras! Efectivamente, puedo confirmar que en el Camino Portugués, realizado en Mayo, prácticamente el 90% de los peregrinos eran alemanes y que estaba bastante concurrido, especialmente desde la confluencia en Redondela con el Camino Central. shocked
2 0
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom