O Camiño Portugués crece exponencialmente en 2017 respecto ao ano pasado

Máis dun 22% dos peregrinos que xa fixeron o Camiño de Santiago este ano optaron pola ruta portuguesa

Fernando Borjas
23/05/2017 12:34
El Camino Portugués crece exponencialmente en 2017 respecto al año pasado

El Camino Portugués crece exponencialmente en 2017 respecto al año pasado

O Camiño Portugués está de parabén grazas aos resultados recolleitos durante este primeiros catro meses deste ano: se o ano pasado por estas datas elixiran esta ruta 6.061 peregrinos (4.830 no mesmo período de 2015), ata o pasado 30 de abril de 2017 fixérono 8.234. Trátase dun crecemento dun 22,6% en tan só un ano para o Camiño Portugués tradicional, un dato sen precedentes que evidencia o bo momento polo que pasa o turismo en Galicia, sobre todo na zona de Pontevedra, cunha oferta de aloxamentos e servizos que cada ano atrae a máis turistas e peregrinos ao Camiño de Santiago.

No contexto de bum turístico que está a experimentar España estes últimos anos (un 10,1% máis en 2016), Galicia sobresae como unha das comunidades autónomas máis beneficiadas, batendo récords de visitantes (máis de 4.700.000 o ano pasado). A Ruta Xacobea é un dos maiores atractivos da rexión para os visitantes estranxeiros e rutas do Camiño de Santiago como a portuguesa tradicional, son as que máis se están beneficiando, aínda que os seus números atópase aínda moi lonxe dos do Camiño Francés, o máis elixido por peregrinos nacionais e estranxeiros tradicionalmente (61,3% do total).

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom