O mellor mes de maio da historia para o Camiño de Santiago

A maioría de peregrinos rexistrados foron estranxeiros, máis de dous terzos, e en concreto de 116 nacionalidades diferentes

Fabio
02/06/2016 15:00
Imaxe dun peregrino

Imaxe dun peregrino

O Camiño de Santiago volveu a marcar un récord histórico este pasado mes de maio, según datos oficiais. Coa chegada do verán, o aumento de peregrinos que realizan algunha das múltiples rutas do Camiño é evidente, rexistrando en maio unhas cifras de escándalo. Trátase do mellor mes de maio da historia, rexistrándose máis de 32.700 peregrinos.

Durante os primeiros catro meses de 2016 habíanse contabilizado, en total, 29.207 peregrinos; isto significa que só en maio rexistráronse máis peregrinos que nos catro meses anteriores. Os motivos deste bo dato de peregrinos son varios, aínda que parece que un dos más importantes é o chamado Ano da Misericordia, que concluírá o 20 de novembro de 2016.

O mes de maio, que históricamente sempre foi un bo mes para o Camiño de Santiago, tamén arroxa bos datos relacionados coa expansión do Camiño noutros países. A maioría de peregrinos rexistrados foron estranxeiros (máis de dous terzos), e en concreto de 116 nacionalidades diferentes. Alemaña, Italia e Estados Unidos encabezan a listaxe de países que máis peregrinos "achegaron" durante o pasado mes de maio.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom