O novo albergue de Ourense estará finalizado nun ano e medio

O orzamento destinado para a súa creación será de 800.000 euros e contará cunhas cincuenta prazas.

Jose Miguel Blasco
14/04/2016 11:28 '
Vista de Ourense

Vista de Ourense

Turismo acaba de licitar a obra de rehabilitación do edificio que acollerá o novo albergue de peregrinos de Ourense. Este novo e indispensable servizo quedará situado en rúa Barreira, esquina coas Burgas, preto das fontes termais e a praza maior.
Non obstante os peregrinos que pasen pola cidade aínda tardarán un pouco en poder gozar do novo aloxamento, xa que este non estará finalizado ata dentro de 17 meses, contando cun orzamento de case 800.000 euros. O albergue finalmente contará con todas as comodidades para ofrecer un buén servizo, como salas de estar, cociña, cuartos de duchas e aseos e dormitorios cunha capacidade para 50 prazas.
As empresas interesadas nesta licitación poderán presentar ofertas ata o 9 de maio. O nove albergue pretende dar resposta ao incremento de peregrinos que se está rexistrando en Galicia.

Relacionados

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, manter a sesión e personalizar a experiencia do usuario, así como para obter estatísticas anónimas de uso da web. Se continua navegando consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información aquí