O Xacobeo 2021 será 'Acontecemento de Excepcional Interese Público'

Así o declarou o ministro de Educación, Cultura e Deporte no senado, que ademais detallou o Plan de Actuación para o Ano Xacobeo xa posto en marcha

Fernando Borjas
22/02/2018 18:43
Foto por bocamino16

Foto por bocamino16

O próximo Ano Xacobeo 2021 foi declarado Acontecemento de Excepcional Interese Público polo ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo, este martes no Senado. Isto supoñerá a aplicación das exencións fiscais que leva a distinción especial destes acontecementos. 

O ministro e portavoz do Goberno así mesmo detallou fronte á Cámara de Senadores as medidas do Plan de Actuación para o Ano Xacobeo que o Goberno  Cental puxo en marcha en 2015. Coa aplicación das mesmas Méndez de Vigo espera que "o Camiño de Santiago, no Ano Xacobeo 2020-21 sexa ese evento cultural, relixioso, patrimonial e lúdico que encandea a tantos peregrinos non só españois, senón de Europa e o mundo enteiro”.

Entre as liñas xerais deste plan, o ministro destacou o traballo para "a dinamización cultural do Camiño de Santiago" co obxectivo de crear ciclos de actividades permanentes que vaian máis aló do Xacobeo 2021, ademais de potenciar a participación en redes internacionais do que Méndez de Vigo cualifica como "o itinerario cultural máis importante de Europa".

Doutra banda, avanzouse que o Ministerio de Cultura aplicará programas formativos transversais co obxectivo de fomentar a sensibilización polo coidado do patrimonio ademais de mellorar a sinalización das rutas e as infraestruturas, cun papel importante das aplicacións dixitais. O portavoz do Goberno tamén avanzou que se está traballando na xeorreferenciación do Camiño  cartografiándolo de forma detallada e plena.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom