Os cans xa poden conseguir a súa credencial do Camiño de Santiago

Sen carácter oficial, a acreditación será entregada por parte de Asociación Protectora de Animais do Camiño ( APACA) a todos eses cans que conclúan a ruta xacobea

Fernando Borjas
23/03/2018 16:52
Los perros ya puede recibir su propia credencial

Los perros ya puede recibir su propia credencial

O Camiño de Santiago cada ano recibe cantidades de peregrinos aínda máis altas. Moitos destes peregrinos chegan ao Camiño acompañados das súas mascotas, que camiñan xunto aos seus donos, finalízano e regresan felices a casa, aínda cando hai outros tantos que, durante o percorrido, quedan abandonados á súa sorte. Para todos eses cans que alcancen a meta xacobea, xa hai un premio; trátase da credencial canina, que será entregada por primeira vez este venres a  Neo, can e compañeiro fiel de Mari Carmen Astigarraga, doutora en Filosofía e terapeuta e comunicadora animal de Guipúscoa. Ambos iniciaron o pasado luns o Camiño Francés na localidade lucense de Sarria.

A entrega da credencial terá lugar na Rúa Fontiñas 27, onde se atopa a sede da Asociación Protectora de Animais do Camiño (APACA). A asociación  APACA é emprendedora da iniciativa que nace co fin de promover, como ben indicaron, “unha ruta ética, solidaria e amiga dos animais”. Neste acto, ademais de dar entrega dun certificado equivalente á tradicional compostela, tamén servirá para  condecorar a  Astigarraga coa medalla á nobreza como premio polo seu labor con animais e humanos nos momentos de enfermidade e duelo. Esta medalla será entregada pola asociación Sumamos Arxentinos Solidarios (SAS).

Este venres, de non producirse ningún tipo de problema, entregarase a primeira de moitas acreditacións a nome de can. O título non ten carácter oficial e non conta co selo da Igrexa católica. Aínda que, con esta idea, tamén buscan poder levar a cabo esas miles de peticións dos peregrinos. Por exemplo, que os albergues faciliten acceso ás mascotas. Ademais, aproveitando a estancia de Mari Carmen  Astigarraga, ofrecerase un taller sobre comunicación animal na sede de APACA.Terá un custo de 60 euros e realizarase o sábado 24 de 10 a 18 h.

O funcionamento da credencial canina é o mesmo que coa convencional. Ambas teñen que ser seladas nos diferentes puntos que se atopan na ruta. Á súa chegada a Santiago, no local de  APACA faise entrega do documento, similar ao que obteñen os peregrinos na oficina de Carretas. Con este título trátase de sensibilizar aos peregrinos do problema do abandono e malos tratos dos animais no Camiño.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom