Os hostaleiros galegos reclaman normas máis estritas para os aloxamentos non regulados no Camiño de Santiago

Juan Maril, presidente do Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago, afirma que "estes establecementos, que operan á marxe da lei, non teñen garantías para o consumidor".

Fernando Borjas
29/08/2016 17:07
Fachada del Obradoiro, Santiago de Compostela

Fachada del Obradoiro, Santiago de Compostela

No contexto do Camiño de Santiago o sector da hostalería cada vez atópase cun competidor máis feroz, cun gran poder de atracción polos seus baixos prezos: os aloxamentos turísticos non regulados. Trátase de particulares que ofrecen as súas vivendas como aloxamento durante uns días pactados, pero que non ven sometidos ao control e regulación de calidade esixida no sector da hostalería.

Ante o escenario de que a partir deste mes de setembro poida aprobarse un decreto para a regulación de vivendas de uso turístico en Galicia (se non se apraza pola celebración de eleccións autonómicas en Galicia), O Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago alerta sobre a falta de calidade que se ofrece aos peregrinos pola falta de control destes establecementos ilegais. En Vive o Camiño puidemos falar con Juan Maril, presidente desta agrupación de empresarios galegos sobre a relación de competencia que se produce entre estes establecementos ilegais e os que si cumpren coas regulacións. 

Unhas normativas que garantan a calidade para o peregrino

Maril reclama que o sector da hospedaxe galega "ten que cumprir normas estritas pero adecuadas, que garanten a calidade do servizo e os dereitos do consumidor", mentres que "este tipo de establecementos, que operan fóra da lei sen control non teñen ningún tipo de garantía". Aclara doutra banda que estes establecementos "están a xerar economía mergullada e emprego precario, xa que non hai ningún tipo de contratos laborais neste tipo de establecementos, polo que a competencia a nivel de gastos e custos é brutal" [contra o sector hostaleiro]. 

O presidente da agrupación afirma que os hostaleiros están "a favor dunha regulación adecuada e que defenda" o seu sector, ademais de limitacións "para que unha vivenda normal non sexa un hotel". Aínda que comenta que os hostaleiros entenden que o mercado cambiou polas novas tecnoloxías que benefician que haxa outro tipo de distribución, afirma que entenden que "unha vivenda nunca pode ser un hotel: se alguén quere facer un hotel, unha pensión ou un apartamento turístico hai unha serie de elementos e de normas de regulación xa existente, pero se alguén quere alugar a súa vivenda por un período curto de tempo, ten que haber outro tipo de regulación". 

Barcelona, un modelo de regulación a imitar

A que regulacións mira o gremio de hostaleiros galego? Que modelos toman como punto de partida para regular os aloxamentos ilegais? "Barcelona está a ser moi activa na regulación de apartamentos ilegais. O turismo estaba a desbordarse; Barcelona é un exemplo de éxito, pero estaba a empezar a causar grandes molestias xa non só para os turistas en si, se non para incluso os habitantes da cidade", afirma Maril. O portavoz cre que hai que buscar "un modelo de turismo que sexa sustentable, non desbocarnos e acabar matando a galiña dos ovos de ouro". De Barcelona comenta gústalles "que están a perseguir os apartamentos ilegais, sendo restritivos respecto da normativa, con limitacións no tipo de vivendas que se poden utilizar, os días que se poden alugar durante o ano". Moril finaliza aclarando que no gremio non se opoñen "á economía colaborativa nin a que a xente poida alugar a súa casa, o que pretendemos é que todos xoguemos cunhas normas parecidas para que non se distorsione o mercado".

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom