Por que o Camiño de Santiago cámbianos a vida? Participa coa túa experiencia neste estudo psicolóxico

O Proxecto Ultreya é un estudo psicolóxico que quere investigar acerca dos beneficios a curto e medio prazo na saúde mental que leva realizar o Camiño de Santiago.

Fernando Borjas
03/08/2017 12:41
Proyecto Ultreya

Proyecto Ultreya

Entre os peregrinos que completamos algunha vez o Camiño de Santiago, existe a certeza de que o feito de percorrer as súas rutas e vivir a experiencia da peregrinación ten leva efectos moi positivos en canto ao noso benestar, autorrealización persoal e autoestima por superar as nosas barreiras. É un efecto que non só aparece unicamente mentres o percorremos ou o acabamos de terminar, senón que permanece connosco durante un tempo, levando a moitos a lanzarse a facer o Camiño de novo en canto teñen a ocasión.

Co obxectivo de demostrar os beneficios psicolóxicos a curto e medio prazo que ten o Camiño de Santiago entre os peregrinos que o percorren nace o Proxecto Ultreya. Trátase dunha investigación centrada nos efectos do Camiño sobre o estado de ánimo, a satisfacción coa vida, a felicidade, a capacidade para prestar atención ao momento presente e a de tomar eleccións dunha forma máis consciente e en coherencia cos propios valores dos peregrinos que o percorren. 

Quen poden participar no estudo?

Todos aqueles peregrinos que se atopen realizando o Camiño de Santiago nestes momentos ou o vaian a facer en breve.

Cal é a metodoloxía do estudo psicolóxico?

Os peregrinos participantes deben contestar aquí a un cuestionario que leva uns 15 minutos completar, ademais de indicar o seu correo electrónico. Os investigadores contactarán con cada participante para que volva completar o cuestionario nada máis terminar o Camiño de Santiago e unha última vez 3 meses despois de finalizalo. Participando axudarase aos investigadores para determinar os efectos do Camiño de Santiago sobre a saúde e o benestar psicolóxico das persoas.

Quen está detrás desta investigación?

O estudo psicolóxico atópanse Fundación San Juan de Deus, Universidade de Zaragoza, Hospital da Santa Creu i Sant Pau, Quietude Mindfulness Center, Universidade Federal de Sao Paulo, Rede de Investigación en Actividades Preventivas e Promoción da Saúde (RedIAPP) e Centro de Investigación Biomédica en Rede - Saúde Mental (CIBERSAM). Colaboran co proxecto a Agrupación de Asociacións do Camiño do Norte e a Asociación Abrindo Camiño, Amigos do Camiño Norte de Santiago.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom