Portomarín realizará un museo no castro de Castromaior, situado en pleno Camiño de Santiago

O obxectivo é finalizar a obra este mesmo ano e converter Castromaior nun recurso turístico e cultural para a zona

Fabio
18/05/2016 13:00
Castromaior, en Portomarín

Castromaior, en Portomarín

O castro de Castromaior, situado en Portomarín, contará próximamente cun museo etnográfico e un centro de interpretación. Trátase dunha proposta do propio concello, debido ao interés histórico deste poboado fortificado celta, además do interés cultural e turístico do mesmo, pois Castromaior atópase situado en pleno Camiño de Santiago, grazas aos recentes cambios realizados no Camiño Francés. Con anterioridade a ruta pasaba a uns 200 metros do castro, resultando invisible para os peregrinos.

O concello destinará unha partida de 200.000 euros para realizar este proxecto, co obxectivo de finalizar a obra este mesmo ano e converter Castromaior nun recurso turístico para a zona. Castromaior, ademáis, resulta dun interés histórico significativo para os expertos no noroeste da Península Ibérica. As primeiras escavacións mostran que estes habitantes da época prerromana xa conocían a agricultura, e mesmo realizaban canles para evacuar auga.

Os primeiros rexistros do castro datan de 1840. En 1992 é incluído no Inventario Xeral de Xacementos Arqueolóxicos de Galicia, e en 2006 comezaron os traballos de prospección superficial e sondaxes arqueolóxicos.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom