Prevese que a afluencia no Camiño de Santiago aumente un 5% en Semana Santa

A Xunta ten "moi boas expectativas" en canto a peregrinos para estes días festivos na Ruta Xacobea

Fernando Borjas
13/04/2017 02:10
Camino de Santiago

Camino de Santiago

Esta semana Santa na que xa estamos metidos de cheo preséntase como moi positiva para o turismo relacionado co Camiño de Santiago. Polo menos esas son as previsións que manexa a Xunta de Galicia, como así afirmou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que dixo que teñen  "moi boas expectativas" en conto ao número de peregrinos que transitarán estes días polas rutas xacobeas. Entre un 4 e un 5% de incremento é a cifra á que se apunta desde as institucións públicas, un crecemento que leva repetindo ano si e ano tamén cada tempada ultimamente.

Con todo, Castro asegurou que a Xunta non só busca o aumento de números brutos no Camiño de Santiago, senón un aumento cualitativo, obxectivo para o que puxo como exemplo os investimentos que se están facendo na Ruta Xacobea. Precisamente este martes Nava Castro subscribiu un convenio de colaboración con alcaldes de localidades do Camiño Francés, nas que a Xunta investirá un millón de euros para manter as infraestruturas "en condicións óptimas", de tal maneira que se poida seguir asegurando a calidade e o valor da peregrinación no Camiño de Santiago.

Os principais puntos de inicio de peregrinación tradicionalmente no Camiño de Santiago son localidades como Sarria, León, Tui ou Roncesvalles, que durante estes meses, co bo tempo e as semanas de vacacións ven como aos poucos vai aumentando a afluencia de peregrinos.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom