'Saber Universal', un proxecto para impulsar o turismo accesible no Camiño

Esta iniciativa foi aprobada pola Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea o mes pasado, dentro do marco para a Competitividade das Empresas

Fabio
01/08/2016 14:00
Camiño de Santiago

Camiño de Santiago

Esta semana arrincará en Rieti (Italia) a iniciativa 'Saber Universal', co obxectivo de impulsar e pedir un Camiño de Santiago máis accesible para os turistas con necesidades especiais. O proxecto tentará concienciar ás autoridades públicas, e aos establecementos privados, para que traballen nunha mellor adaptación das instalacións.

Esta iniciativa foi aprobada pola Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea o mes pasado, dentro do marco para a Competitividade das Empresas, centrando os esforzos na ruta máis mediática do Camiño, o Camiño Francés de Santiago en España. A iniciativa tamén impulsará un turismo accesible no Camiño de San Benedito de Italia.

Grazas a este programa realizarase unha avaliación da situación dos servizos e adaptacións das instalacións na ruta xacobea. Haberá tamén formación para os operadores turísticos, co obxectivo de potenciar os paquetes turísticos accesibles para os usuarios con necesidades especiais. Na iniciativa e en todas as actividades, participará Turismo de Galicia.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom