As Etapas do Santo Domingo de la Calzada

Localidad

1 valoracións
3
3
1

Conexións en Santo Domingo de la Calzada

Santo Domingo de La Calzada ©Panoramio José Carminatti

Santo Domingo de La Calzada ©Panoramio José Carminatti

A boa situación xeográfica desta localidade permítelle contar con diversas conexións en autobús a diferentes cidades de España como Madrid, Barcelona, Bilbao, Zaragoza, Oviedo, Xixón, León ou Burgos así como ás principais localidades da súa contorna como Logroño ou Haro (estas dúas últimas cidades teñen estación de tren; Haro está a 21 quilómetros e Logroño a 46 quilómetros.

A capital rioxana conta, ademais, con aeroporto). Tanto a Logroño como a Burgos ou Zaragoza a compañía que cobre o traxecto é Empresa Jiménez. A Burgos (teléfono da compañía: 947266930) hai, de luns a viermes, até seis conexións de ida e oito de volta, con diversas ligazóns tamén durante o fin de semana.

O número de viaxes a Logroño (teléfono da compañía: +34 941231234) é aínda maior, con máis de 10 conexións de luns a venres, e tanto de ida como de volta, cun número destacado de ligazóns tamén durante o fin de semana. A Haro (con estación de tren) e a Bilbao (con aeroporto) chegan buses de Unión Alavesa.

Desde Santo Domingo saen cara á cidade vasca buses de luns a venres ás 7.30, 09.15 e 19.30 horas; os sábados, ás 09.15 horas e, os domingos, ás 16.30. Desde Bilbao parten, pola súa banda, autocares, de luns a venres ás 10.00, 15.15, 17.00 e 20.00 horas (este só os venres), ás 10.45 e 15.15 os sábados e ás 19.30 os domingos e festivos. Até Madrid enlaza a empresa P.L.M. Desde Madrid sae un autobús todos os días ás 07.00 e ás 15.00 horas e, desde Santo Domingo, ás 09.20 e 18.20 horas.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

En Santo Domingo hai varias licenzas de taxi. Os números son: Daniel (+34 629135393); Aguilar (+34 659872863); Jiménez (+34 608677238). Para o traslado de mochilas os romeus contan con tres opcións. Unha é Jacotrans. O contacto na Rioxa é:+34 636099299. As tarifas son de 7 euros.

O procedemento habitual é, para aqueles que dormen en albergues públicos e ante a imposibilidade de reservar praza no seguinte até o momento da entrada-, o de fixar un bar ou outros puntos no lugar de destino onde poden recollela. Para aqueles que se aloxan en albergues privados ou en hoteis, a mochila esperará por eles na seguinte hospedaxe. Débese chamar con antelación porque en calquera dos servizos os vehículos adoitan partir coas mochilas desde o lugar de inicio antes das 09.00 horas.

Ao mediodía, estas xa están na localidade de destino. Outra das compañías que tamén cobren toda a ruta é Camiño Fácil. O procedemento é idéntico ao de Jacotrans. Recoméndase chamar ou enviar un email o día anterior para ter todo previsto. As mochilas xa se depositan no lugar de destino á hora da comida.

As tarifas son de 7 euros aínda que, segundo o número de persoas e o número de etapas concentradas (para os ciclistas), o prezo pode incrementarse. Contacto: +34 610798138 | +34 947585002 | +34 947580010; contacto@caminofacil.net Coas mesmas tarifas e a mesma metodoloxía outra compañía que tamén traslada as mochilas aos peregrinos (e as bicicletas por un custo de 10 euros) é Globetrotte. O contacto desde Roncesvalles até Burgos é Rodolfo +34 667386307 | +34 948537295 | globtrotterrb@hotmail.com).

O tempo en Santo Domingo de la Calzada

24/04/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Policía local941340005
  • Protección Civil941341586
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom