Así se celebrarán os 30 anos do Camiño como Itinerario Cultural

O luns 23 comezarán as celebracións en Santiago de Compostela, que terán lugar durante tres días, incluíndo congresos, seminarios e un concerto na Catedral.

Fernando Borjas
20/10/2017 18:12
Camino de Santiago. Javier Román García

Camino de Santiago. Javier Román García

O vindeiro luns 23 de outubro comezan en Santiago de Compostela as actividades conmemorativas do 30 aniversario da designación do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo por parte do Consellos de Europa, un acontecemento que tivo lugar en 1987. Xa coñecemos o programa conmemorativo das celebracións, que terán lugar durante tres días na capital compostelá e entre as que destacan un acto oficial de conmemoración o luns no Hotel Monumento San Francisco, un concerto ás 21.00 do artista Amancio Prada na Catedral de Santiago (cuxas entradas xa están esgotadas) ou o seminario 'Camiño de Santiago e Europa' que se celebrará ata o mércores 25 incluído.

Este seminario, organizado pola cátedra do Camiño de Santiago da Universidade de Santiago, celébrase co obxectivo de profundar das problemáticas actuais do Camiño de Santiago desde múltiples puntos de vista, como o do patrimonio, o papel das institucións públicas ou a sustentabilidade do actual modelo e incluirá a participación de varios especialistas internacionais na materia. Así mesmo neste acto participarán personalidades que protagonizaron aquela xornada, como o por aquel entón secretario xeral do Consello de Europa, Marcelino Orella, ou o ex alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Estévez.

Dentro das actividades programadas para a semana próxima inclúese a entrega dos Premios Camiño de Santiago en recoñecemento do traballo de distintas institucións, empresas e asociacións ao redor das rutas xacobeas, así como as reunións do Comité Técnico da Federación Europea do Camiño de Santiago e do Comité Executivo do Consello Xacobeo.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom