Un Camiño de Santiago de máis de 14.000 quilómetros desde a Antártida

O xoves, tras a súa chegada a Santiago, celebrarase un acto no Hostal dos Reis Católicos á da comida, contando coa presenza do presidente da Xunta

Fabio
04/07/2016 13:00
Peregrinos da Base Antártica Española Gabriel de Castela

Peregrinos da Base Antártica Española Gabriel de Castela

Poderíamos estar, sen dúbida, ante a peregrinaxe máis longa da historia... nada menos que 14.700 quilómetros. Unha peregrinaxe que concluírá o próximo xoves 7 de xullo en Santiago de Compostela, e que comezou o pasado 28 de febreiro na Base Antártica Española Gabriel de Castela, situada na illa Decepción, no archipiélago das illas Shetland do Sur.

Un grupo de militares e científicos residentes na citada base española, atravesaron prácticamente todo o Océano Atlántico para desembarcar en Pontevedra (no día de hoxe) e completar este enorme percorrido ata Santiago. De feito, eles mesmos considéranse "pingüirinos", un cualificativo bastante curioso e, probablemente, comprensible.

O grupo compóñeno militares da dotación do Buque de Investigación Oceanográfica Hespérides, o persoal da Campaña Antártica do Exército de Terra, científicos, membros do Instituto Geográfico Nacional e membros da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

O xoves, tras a súa chegada a Santiago, celebrarase un acto no Hostal dos Reis Católicos á hora da comida, contando coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom