Uns pretorianos conseguen a ansiada Compostela

A imaxe deste grupo de pretorianos causou bastante expectación á súa chegada a Santiago, ataviados coas súas corazas, os seus pilum, grandes escudos e espadas

Fabio
19/05/2016 16:00
Grupo de pretorianos - XOÁN A. SOLER

Grupo de pretorianos - XOÁN A. SOLER

Tratábase dun grupo de camiñantes atípico e bastante peculiar, algo que non lles impideu alcanzar o seu obxectivo: chegar ata Santiago de Compostela e conseguir a ansiada Compostela. Trátase do grupo da garda pretoriana de Lugo, que chegou a mediados desta mesma semana á Praza do Obradoiro tras completar catro etapas do chamado Camiño Primitivo

A imaxe deste grupo de pretorianos causou bastante expectación á súa chegada a Santiago, ataviados cas súas corazas, os seus pilum, grandes escudos e espadas; o equipamento básico de calquera soldado romano. Cando formaron na Praza dá Quintana non foron poucos os veciños e turistas que decidiron achegarse a charlar con eles ou a fotografíar o momento, nun día de festa en Galicia.

O Camiño destes pretorianos serviu tamén para promocionar o Arde Lucus, a festa celebrada en Lugo a mediados do mes de xuño que revive o pasado romano, e que moitos turistas descoñecían. Non só os visitantes de Santiago interesáronse polo Arde Lucus, durante as etapas moitos peregrinos achegábanse para preguntarlles quenes eran e por qué facían o camiño ataviados con semellante equipamento.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom