ViveCamino

3.8 millóns para mellorar o Camiño do Norte e Primitivo

En 2015, e segundo datos da Xunta, por ambos camiños chegaron un 10% do total de camiñantes que peregrinaron ata Santiago de Compostela.

Diferentes estamentos galegos continúan destinando diferentes partidas de diñeiro á mellora de certas rutas do Camiño de Santiago. Turismo de Galicia destinará máis de 3.8 millóns de euros co obxectivo de realizar obras no Camiño do Norte e no Camiño Primitivo. As obras incluírán a recuperación e sinalización, así como melloras nas diversas rutas e unha adaptación do itinerario á delimitación oficial.

Tal e como se estivo falando nos últimos meses, os traballos de sinalización teñen o obxectivo de unificar e harmonizar todas as indicacións, facilitando a comprensión dos miles de peregrinos que se esperan en ambos traxectos. Nesta ocasión a ruta máis transitada das dúas, o Camiño do Norte, será tamén a más beneficiada, con 2.31 millóns dispoñibles. O Camiño Primitivo quedará cunha partida de 1.53 millóns.

En 2015, e según datos da Xunta, por ambos camiños chegou un 10% do total de camiñantes que peregrinaron ata Santiago de Compostela.