ViveCamino

A Catedral de Santiago busca rebaixar a "tensión" pola afluencia masiva de peregrinos

O arcebispo de Santiago de Compostela afirma que se están buscando solucións para poder dar atención á alta demanda sen ter que cobrar por iso

É sustentable o actual modelo de Camiño de Santiago para o normal funcionamento dos templos de culto? Parece que no caso da catedral de Santiago vai ter que atopar unha solución á altísima afluencia de peregrinos que chegan á capital galega, que este ano marcaron un récord histórico nunca visto ata agora. Precisamente sobre este problema pronunciouse o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio, que participou nun encontro organizado por Nova Economía Fórum.

Barrio afirmou que desde as autoridades eclesiásticas está a estudarse unha fórmula para poder atender a todos os peregrinos que chegan á catedral ao final da súa ruta xacobea, rebaixando a tensión que sofre o templo, pero sen por iso recorrer ao cobro pola entrada. A opción que se está barallando é atender aos peregrinos en distintas horas e distintos actos.

O arcebispo tamén se pronunciou neste foro sobre as longas obras de rehabilitación da fachada da catedral de Santiago. Barrio mostrouse confiado sobre que as obras estean finalizadas para o próximo Ano Santo 2021, tendo en conta que os últimos prazos sitúan o remate final para finais de 2019. O obxectivo de todas as institucións parece enfocarse nesta data crave para o Camiño de Santiago, cando se prevén récords de afluencia de peregrinos non vistos ata agora.