ViveCamino

A ermida de Santiago de Belate finaliza a súa reconstrución

A ermida atopábase en estado de ruína, pero reconstruíuse grazas ao traballo solidario da asociación Amigos do Camiño de Santiago de Urdax-Baztan

Boas noticias para todos os peregrinos que realicen a ruta xacobea de Urdax a Baztan, pois un dos históricos refuxios concluíu recentemente as súas obras de reconstrucción, a ermida de Santiago de Belate.

A ermida atopábase en estado de ruína, pero grazas ao traballo solidario da asociación Amigos do Camiño de Santiago de Urdax-Baztan, e ao pobo de Almandoz, este coñecido refuxio de peregrinos da zona volverá a estar activo e disposto a axudar aos camiñantes en dirección a Pamplona. Seis anos tardaron en concluírse os traballos, pois da ermida só quedaban algunhas pedras esparexidas polo terreo.

Cesáreo Soulé, de Arizkun, artista especializado en tallas de pedra, realizou unha imaxe do Apóstol Santiago que presidirá a ermida. Non se trata do primeiro traballo de restauración e protección do patrimonio que realizan os Amigos do Camiño de Santiago de Urdax-Baztan na zona. Algúns exemplos son a fonte do Cura de Amaiur ou a ermida de Santiago de Urrasun.

Ademáis, realizan importantes tarefas de promoción, aínda que non sempre co apoio oficial ou institucional.