ViveCamino

A iniciativa solidaria A Santiago Contra o Cancro supera os 100.000 euros recadados

Este ano a carreira solidaria sairá o próximo 20 de xuño, por segundo ano, de Saint Jean Pied de Port (Francia)

En 2011 púxose en marcha unha iniciativa solidaria que, ademáis, mesturaba o mellor do deporte: "A Santiago Contra o Cáncer". Trátase dunha carreira solidaria que, de forma anual, realízase no Camiño de Santiago para dar visibilidade a unha das peores enfermidades da actualidade, o cáncer e a loita contra o mesmo.

Tras cinco anos de nacer esta iniciativa, os organizadores confirman que xa se recadaron máis de 100.000 euros para a loita contra o cáncer. Durante a pasada edición a recaudación superou os 32.000 euros, e este ano, por agora, a cifra é de máis de 17.800 euros, aínda que os responsables esperan superar os datos do ano pasado.

Este 2016 a carreira solidaria salirá o próximo 20 de xuño, por segundo vez, de Saint Jean Pied de Port (Francia). A carreira por substitucións, e na que participarán máis de 70 persoas, terá unha duración dunha semana. O xoves 23 serán recibidos en León, e o 26 en Santiago de Compostela.