ViveCamino

A mostra fotográfica Via Iacobitana, visitada por máis de 4.000 persoas, continúa a súa viaxe por Galicia

Este venres a exposición de fotografos galegos transformados en peregrinos visita a localidade de Valdoviño

Desde este venres e ata o próximo 2 de outubro a mostra fotográfica Via Iacobitana visitará o municipio ferrolán de Valdoviño. Na casa da cultura da devandita localidade poderase gozar desta exposición de instantáneas que recolle a visión e única do Camiño de Santiago por parte de varios fotografos galegos convertidos en peregrinos por uns días. Poderase visitar de 10.00 a 14.00 de maneira gratuíta.

Nas fotografías exhibidas retrátase o patrimonio cultural e natural das diferentes rutas do Camiño de Santiago desde unha perspectiva contemporánea e persoal. A mostra leva en ruta desde o pasado mes de xuño e xa visitou Compostela, Ribadeo e Viveiro durante todo o verán, sendo visitada por máis de 4.000 persoas ata o momento. A iniciativa é froito da colaboración entre Viaqua, a compañía que xestiona o servizo municipal de augas, Turismo de Galicia e o Xacobeo.