ViveCamino

A Orde do Camiño de Santiago xa ten nova dama

A Capela Real do Hostal dos Reis Católicos serviu de pano de fondo para o acto.

A Orde do Camiño de Santiago xa conta con 27 novos membros, acto que se celebrou na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Para aqueles que non o saiban, a Orde do Camiño de Santiago ten como principal función a difusión e defensa do valor cultura do Camiño. Unha Orde que, a día de hoxe, conta con máis de 1000 membros repartidos ao longo e ancho de todo o mundo.

Entre as recentes incorporacións temos a dunha nova dama, concretamente Marisol Nóvoa.Presidenta dun colectivo feminino que reúne a empresarias e profesionais da provincia, o chanceler e vicepresidente da Orde, Alejandro Rubín, valorou ditas calidades como un dos principais motivos polos cales Marisol debía pertencer á mesma para difundir os valores do Camiño.