ViveCamino

A peregrina ferida por un rulo de herba podería sufrir unha lesión medular

O equipo médico do CHUAC da Coruña que atende á cidadá canadense trata de determinar se a peregrina sufriu algún tipo de lesión medular

As primeiras horas do martes pasado o Camiño de Santiago teñíase de negro debido a un accidente grave ocorrido a dous peregrinos; un matrimonio canadense que facía o Camiño sufrían feridas de gravidade tras ser embestidos por un gran rulo de herba que se soltou dun remolque. O accidente ocurreu no lugar de Pasantes, en Triacastela.

Lamentablemente as noticias non son positivas para a parella. O equipo médico do CHUAC da Coruña que atende á cidadá canadense, actualmente fóra de perigo, trata de determinar agora se a peregrina sufriu algún tipo de lesión medular. Faceránselle diversas probas para confirmar ou descartar esta posibilidade. O esposo tamén se viu afectado e resultou ferido, aínda que é atendido no HULA.