ViveCamino

A policía portuguesa patrullará o Camiño en Galicia este verán

O delegado do Goberno asegurou que esta colaboración entre as forzas de seguridade de ambos países tamén se desenvolverá noutras zonas de España

O plan do Goberno central elaborado en colaboración cos países do noso contorno deu os seus froitos e, durante o próximo verán, a Garda Civil e a policía de Portugal formarán patrullas mixtas durante algúns meses para reforzar a seguridade nas principais zonas turísticas das Rías Baixas, con focos de especial atención en localidades como Sanxenxo e Baiona.

O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, asegurou que esta colaboración entre as forzas de seguridade de ambos países tamen desenvolverase noutras zonas de España, como Andalucía. Un dos maiores atractivos do turismo galego nos meses de verán é precisamente o Camiño de Santiago, motivo polo que algunhas das funcións destas parellas mixtas de efectivos, está a de patrullar e vixiar rutas do citado Camiño.

Descoñécense o número de efectivos da policía de Portugal que traballarán nos meses de verán en Galicia, pero as súas funcionalidades serán moi diversas; desde vixiar o Camiño de Santiago ata a prevención de incendios forestais, ademais doutras labores de apoio a unidades da Garda Civil de Galicia.