ViveCamino

A Porta Santa pecharase a vindeira semana

Ata o Xacobeo de 2021 non se volverá a abrir a característica entrada á Catedral de Santiago

Tras máis de 11 meses aberta, a Porta Santa da Catedral de Santiago volverá a ser pechada o vindeiro domingo, día 13 de novembro. O acto terá lugar a partir das 17:00 e será presidido polo arcebispo de Santiago, Julián Barrio, quen xa abrira a Porta Santa en decembro de 2015 para celebrar o Xubileu da Misericordia.

Unha vez se peche, a Porta Santa non se volverá a abrir ata o 31 de decembro de 2020, para celebrar o Xacobeo 2021, polo que os peregrinos poden aproveitar estes últimos días para entrar á catedral pola tamén coñecida como Porta do Perdón. Esta simbólica entrada só é aberta en anos xubilares, aínda que en ocasións aplícanse os chamados "Xubileus Extraordinarios", como o ocorrido neste 2016, decretado como o Ano Santo da Misericordia polo Papa Francisco.

Precisamente, o máximo mandatario da Igrexa católica pechará tamén a Porta Santa á basílida de San Pedro, no Vaticano, aínda que o fará unha semana máis tarde, coincidindo coa festividade de Cristo Rey.