ViveCamino

A Universidade de Santiago presenta unha cátedra sobre o Camiño e as peregrinacións

A cátedra pretende converterse nun referente académico, incluíndo a creación dun fondo bibliográfico e documental

Co obxectivo de fomentar o estudo e a difusión da Ruta Xacobea este luns acordouse en Santiago de Compostela un convenio para a creación da Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións. O convenio xorde da colaboración da cátedral de Santiago, Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, entidades que asinaron un acordo para avanzar na investigación do Camiño, "clave no desenvolvemento económico e social de Galicia", segundo afirman os seus responsables. 

A cátedra, que contará cunha dotación de 40.000 euros por parte de Turismo de Galicia, contempla a celebración de cursos, seminarios ou conferencias e busca a formación de expertos cun enfoque profesional cara á investigación do Camiño de Santiago, ademais da dirección e planificación de actividades e entidades turísticas relacionadas coa Ruta Xacobea. En palabras da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a cátedra aspira a converterse nun "un referente académico para poder vir a Santiago a estudar e a investigar" o fenómeno das investigacións.