ViveCamino

A Xunta axuda a acondicionar unha vía de Triacastela

A vía contará cun pequeno muro de contención de pedra para separar o camiño dun pequeno arroio. Estará totalmente adaptada para os peregrinos.

A Xunta, en concreto a consellería de Medio Ambiente, investirá mais de 113.000 euros en acondicionar o camiño de Suavila, unha vía situada en Triacastela. De titularidade municipal, a vía é importante para moitos peregrinos, pois transcorre paralela ao Camiño de Santiago e, además, une varios puntos da localidade de interés. É unha ruta extremadamente transitada por aqueles que realizan o Camiño de Santiago, xa que une a casa consistorial, a igrexa e o albeºrgue público.

Con esta inversión o camiño de Suavila converterse nun paseo semiurbano, acabado en hormigón rugoso e dunha anchura media de catro metros. A vía contará cun pequeno muro de contención de pedra para separar o camiño e un pequeno arroio. Estará totalmente adaptado para os peregrinos, dispoñendo de iluminación mediante balizas, bancos de pedra - para que os camiñantes poidan descansar - e papeleiras en diferentes puntos e zonas.

As obras realizaranse en 2016, cun prazo de finalización de 4 meses.