ViveCamino

Alumnos da Policía afrontan o Camiño de Santiago

Está previsto que o grupo de alumnos e profesores cheguen o vindeiro venres á capital galega, e poidan contemplar a Praza do Obradoiro

Aínda que a Policía aumentará as unidades despregadas no Camiño de Santiago durante os meses de verán, seguro que este grupo de alumnos non terán que deixar o seu tempo de lecer para vixiar o Camiño, aínda que sí estarán nél. Algúns alumnos da Escola Nacional de Policía de Ávila están, na actualidade, realizando o Camiño de Santiago como parte das actividades do fin de curso.

Os alumnos viaxan acompañados por varios profesores, entre eles José Ramón Álvarez de Monforte, que imparte a clase de Ciencias Xurídicas. Está previsto que o grupo de alumnos e profesores cheguen o próximo venres á capital galega, e poidan contemplar a Praza do Obradoiro e a Catedral de Santiago de Compostela. O director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, acompañaraos nos seus últimos kilómetros de ruta.