ViveCamino

Baiona, un dos municipios máis favorecidos polo Camiño pola Costa

En Baiona o beneficio foi maior que noutros municipios como Nigrán, pois é en Baiona onde os peregrinos aproveitan para descansar e pasar a noite

Baiona, o coñecido municipio situado na parte meridional da Área Metropolitana de Vigo, é un dos máis favorecidos pola recente oficialidade da ruta xacobea coñecida como Camiño pola Costa. Desde que este camiño fose declarada oficial, o aumento de turistas e ingresos relacionados cos mesmos, foi crecendo de forma exponencial. "Desde maio e por primeira vez, todas as prazas hostaleiras da vila énchense cada fin de semana sen excepción", comenta Pedro Villamarín, vicepresidente de Aceba, asociación de comerciantes e empresarios de Baiona.

E é que, cando unha ruta recibe o recoñecemento oficial, só pódese esperar prosperidade e un aumento do turismo nos municipios polos que transcorre. Según o vicepresidente de Aceba, entre semana a ocupación hostaleira é unha nada despreciables cifra do 40%, pero os fins de semana a ocupación é prácticamente completa. Desta forma, non dubida en señalar que "o recoñecemento desta ruta supuxo un antes e un despois para o sector en Baiona". Son moitos máis os peregrinos estranxeiros os que se ven polo municipio, e ademáis cun alto poder adquisitivo.

En Baiona o beneficio foi maior que noutros municipios como Nigrán, pois é en Baiona onde os peregrinos aproveitan para descansar, para seguir na súa seguinte ruta ata Vigo e Redondela. Polo momento este aumento dos turistas non afectou aos prezos: a media seguen sendo uns 80 euros por noite, tanto en Baiona como en Nigrán.