ViveCamino

Colaborarán para oficializar o Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia

Esta ruta pola ría de Muros e Noia ten unha extensión duns 40 quilómetros, e hai referencias da súa existencia desde a Idade Media

Novas rutas do Camiño de Santiago parecen florecer aos poucos, grazas en parte ao recoñecemento oficial que algunhas rutas conseguiron recentemente. Unha das rutas que parecen despuntar a día de hoxe é o Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia; Camiño non oficial que próximamente verase potenciado polos municipios que transcorre.

Os alcaldes de Santiago, Ames, Brión, Rois, Noia, Outes, Porto do Son, Lousame e Muros, asinaron recentemente un protocolo que os levará a colaborar para promocionar este Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia, confiando os concellos implicados en acelerar o proceso para oficializar esta ruta. Os nove concellos esforzaranse na promoción da ruta, pois hai moitos peregrinos que non a coñecen, e ademáis potenciarán actividades relacionadas co Camiño.

Esta ruta pola ría de Muros e Noia ten unha extensión duns 40 kilómetros, comezando nun punto onde se situaba un dos portos que, na Idade Media, recibía gran cantidade de peregrinos. Documentos da épouca demostran a existencia desta ruta, ademáis do seu percorrido.