ViveCamino

Confirmada a primeira "Carreira do Peregrino" no mes de setembro

Alejandro Blanco, presidente do COE, sinalou que se trata dunha gran oportunidade para Galicia e España

Unha carreira dura e de resistencia, que percorrerá os 800 kilómetros que separan Roncesvalles e Santiago de Compostela. Así proxectouse a primeira "Carreira do Peregrino", na que participarán o próximo mes de setembro uns trinta equipos de dez persoas cada un - polo momento descoñécese se de atletas profesionais ou afeccionados.

Esta iniciativa deportiva, organizada polo Comité Olímpico Español e impulsada pola Xunta, pretende combinar os valores olímpicos e os do Camiño de Santiago nunha carreira por relevos. Alejandro Blanco, presidente do COE, sinalou que se trata dunha gran oportunidade para Galicia e España.

Ademáis da parte deportiva do evento, organizarase un programa cultural moi interesante para Galicia, no que os 300 participantes coñecerán o patrimonio cultural da comunidade, así como o seu patrimonio gastronómico e festivo. Núñez Feijóou, presidente da Xunta, destacou na recente presentación da primeira "Carreira do Peregrino", a importancia do Camiño de Santiago para Galicia, especialmente rutas como o Camiño Francés, elixido por más de 172.000 peregrinos o ano pasado.