ViveCamino

Consegue a sua vixésimo quinta compostela tras percorrer 100 quilómetros en tres días

Ángel saíu de Lugo o Luns e, tras percorrer tres etapas e 100 quilómetros, chegou a Santiago de Compostela para recoller a sua vixésimo quinta compostela

Sen dúbida hai xente doutra pasta, peregrinos experimentados que, probablemente, téñanlle collida a medida ao Camiño de Santiago mellor que o 90% dos camiñantes, e un deles é o vilalbés Ángel Campos. Este experimentado peregrino chegou a Santiago onte pola tarde tras percorrer 100 kilómetros en tan só tres días.

Ángel saleu de Lugo o Luns e, tras percorrer tres etapas (Lugo-Seixas, Seixas-Arzúa e Arzúa-Santiago), chegou a Santiago de Compostela para recoller a sua vixésimo quinta compostela. O vilalbés comenzou o seu percorrido no Camiño Primitivo para incorporarse logo ao Francés. 100 kilómetros que non foron fáciles para este experto, pois o tempo en Galicia, durante as últimas xornadas, non foi especialmente bo.

Ángel Campos tiña, agora, a intención de realizar a ruta desde Oviedo ata Santiago polo Camiño Primitivo, con todo, os plans cambiaron e terá que deixar este percorrido para máis adiante.